Illa de Elba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Elba (en italiano: isola d'Elba, en latín: Ilva, e na lingua grega antiga: Αἰθαλία, Aithalia) é unha illa mediterránea de orixe volcánica duns 225 km², situada a 10 km. da cidade costeira continental de Piombino na Toscana, Italia.
Elba | |
---|---|
Ilva ou Aethalia | |
Vista de Portoferraio, principal cidade da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Italia |
Provincia | Livorno |
Arquipélago | Arquipélago Toscano |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 225 km² |
Longura máxima | 29 km |
Largura máxima | 18 km |
Perímetro | 147 km |
Punto máis alto | 1019 m Monte Capanne |
Distancia a terra | 10 km |
Demografía | |
Capital | PortoFerraio |
Poboación | 32.162 hab. (31-12-2014 [1]) |
Densidade | 140 hab./km² |
Lingua propia | Italiano |
Elba é a illa máis grande do Arquipélago Toscano. Elba tamén forma parte na súa totalidade do Parque Nacional do Arquipélago Toscano,[2] e a terceira illa máis grande das illas italianas, logo de Sicilia e Sardeña. Está situada no mar Tirreno, 50 km. ao leste da illa de Córsega.
A súa costa é cambiante entre arrecifes, moi apreciada polos mergulladores, as pequenas praias contrastan co interior abrupto e montañoso. O cume máis alto é o Monte Capanna duns 1.000 m de altura.
A illa forma parte da provincia de Livorno e divídese en oito municipios, cunha poboación total de máis de 30.000 habitantes, que aumenta considerablemente durante o verán. Os municipios son oito: Campo nell'Elba, Capoliveri, Marciana, Marciana Marina, Porto Azzurro, Rio Marina, Rio nell'Elba e Portoferraio (antiga Portus Argous).[3] Esta última é a súa capital.