Illa Hashima
From Wikipedia, the free encyclopedia
Illa Hashima (端島, ou simplemente Hashima — -shima é un sufixo xaponés para illa?), communmente chamada Gunkanjima (軍艦島; significa Illa acoirazado), é unha illa abandonada situada a uns 15 quilómetros da cidade de Nagasaki, no sur do Xapón. É unha das 505 illas deshabitadas da prefectura de Nagasaki. As características máis notables da illa son os seus edificios abandonados de formigón, sen perturbacións nin ruídos, salvo os da natureza e o ruído do mar. Mentres a illa é un símbolo da rápida industrialización do Xapón, tamén é un recordatorio da súa historia como un lugar de traballos forzados antes e durante a segunda guerra mundial.[1][2]
端島 (ja) 軍艦島 (ja-hani) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Nagasaki | ||||
Cidade núcleo | Nagasaki | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 0 (1975) (0 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 0,063 km² | ||||
Medición | 0,16 () × 0,48 () km | ||||
Bañado por | Gotō Sea (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2015 (39ª Sesión) | ||||
Identificador | 1484-018 | ||||
Sitio histórico do Xapón | |||||
Páxina web | gunkanjima-nagasaki.jp |
Sitios da revolución industrial de Meiji do Xapón: ferro e aceiro, construción naval e mineiría de carbón | |
---|---|
O pequeno peirao do porto | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Xapón |
Localización | Prefectura de Nagasaki |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2015 (39ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia |
Identificador | 1484 |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A illa de 6,3 hectáreas era coñecida polas súas minas de carbón submarinas, descubertas en 1887, que operaron durante a industrialización do Xapón. A illa alcanzou unha poboación máxima de 5 259 habitantes en 1959. En 1974, coas reservas de carbón achegándose ao esgotamento, a mina foi pechada e todos os residentes partiron pouco despois, deixando a illa efectivamente abandonada durante as seguintes tres décadas. O interese por ela volveu a aparecer nos anos 2000 debido ás súas ruínas históricas e converteuse gradualmente nunha atracción turística. Algúns muros exteriores colapsados foron restaurados e abriron Hashima para os turistas o 22 de abril de 2009. O aumento do interese pola illa provocou unha iniciativa de protección como lugar de patrimonio industrial.
A illa foi aprobada formalmente como un Patrimonio da Humanidade da UNESCO en xullo de 2015, como parte dos Sitios da Revolución Industrial Meiji do Xapón: Ferro e Aceiro, Construción naval e minería de carbón do Xapón.[3][4]