Igrexa de madeira de Borgund
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa de madeira de Borgund (en noruegués nynorsk: Borgund stavkyrkje, en noruegués bokmål: Borgund stavkirke) é unha stavkirke que se atopa na vila de Borgund, no concello noruegués de Lærdal do condado de Sogn og Fjordane. Está clasificada como unha igrexa de tres naves e é a stavkirke que mellor se conserva das 28 que se atopan en Noruega. Aínda que pertence á parroquia de Borgund e á diocese de Bjørgvin, xa non se fan servizos relixiosos nela de forma regular e utilízase como museo xestionado pola Asociación de Preservación de Monumentos Antigos de Noruega (Fortidsminneforeningen).
Datos rápidos Datos xerais, País ...
Igrexa de madeira de Borgund | |
---|---|
Igrexa de madeira de Borgund. | |
Datos xerais | |
País | Noruega |
Rexión | Sogn og Fjordane |
Tipo | Igrexa |
Advocación | André Apóstolo |
Localización | Lærdal |
Coordenadas | 61°02′50″N 7°48′44″L |
Culto | |
Culto | Igrexa de Noruega |
Diocese | Bjørgvin |
Arquitectura | |
Construción | Século XII |
Estilo | Stavkirke |
Páxina web | www.stavechurch.com |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar