Igrexa de Santiago, Tequixquiac
From Wikipedia, the free encyclopedia
A igrexa de Santiago Apóstol é un templo católico do concello de Tequixquiac, México. Esta igrexa encóntrase no centro da vila, xunto á praza Cuauhtemoc e á biblioteca municipal, preto da Avenida Juárez. Este edificio colonial é un monumento que perdurou ata o día de hoxe.[1] É unha igrexa dedicada a Santiago apóstolo, foi fundada pola orde franciscana no século XVI. Agora é unha parroquia da diocese de Cuautitlán.[2]
Datos rápidos Parroquia de Santigo Apóstolo, Datos xerais ...
Parroquia de Santigo Apóstolo | |
---|---|
Datos xerais | |
País | México |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Santiago Apóstolo |
Localización | Tequixquiac, Rexión de Zumpango, México, México |
Coordenadas | 19°54′37″N 99°08′51″O |
Catalogación | Ben Cultural do estado de México |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Cuautitlán |
Arquitectura | |
Construción | Séculos XVI |
Estilo | Barroco (incorpora tamén elementos mudéxar e renacentistas) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A festa do santo patrón celébrase cada 25 de xullo, na honra de Santiago o Maior; tamén se festexa, en xaneiro ou febreiro, a festa do Señor da Capela, unha imaxe de Cristo moi venerada na rexión.