Huacachina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lagoa de Huacachina é un oasis situado a 5 km ao oeste da cidade de Ica (no Perú) e a 60 km ao leste da costa do océano Pacífico.[1] Preséntase como un verdadeiro oasis natural no medio das areas brancas do deserto costeiro do Perú. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos (especies introducidas) e a especie de alfarrobeira coñecida como huarango, que serven para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Tamén é coñecido como o oasis de América.
Huacachina ten unha poboación permanente de arredor de cen persoas[2] aínda que acolle decenas de milleiros de turistas cada ano.