Historia do rexistro do son
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia do rexistro do son, a gravación do son de forma artificial, comezou o 25 de marzo de 1857, cando Edouard-Léon Scott de Martinville patentou o seu fonoautógrafo, o primeiro invento para o rexistro sonoro.[1] Sábese que o 9 de abril de 1860 se realizou con este artefacto a primeira gravación da que se ten noticia.[2]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
En 1877 Thomas Edison creou o seu fonógrafo, o cal se converteu no primeiro aparello en poder reproducir o son gravado. Cando aparecía o fonógrafo xa se estaba pensando na idea da gravación magnética mediante un arame. No entanto, ó magnetófono de arame sucedeulle o mesmo que ó fonógrafo, sendo substituído polo magnetófono. A comezos de 1950 comezouse a fabricar este artefacto para o uso doméstico. Máis tarde viñeron os discos de vinilo a 78 RPM. Coa chegada do microsuco e a nova velocidade de 33 RPM estes foron substituídos, xa que os anteriores tiñan moi pouca duración.
En 1979 inventouse o CD, o primeiro formato dixital para o son, o cal desprazou de inmediato o disco de vinilo e tamén o casete de son. Xa en 1986 comezou a desenvolverse o formato mp3 polos científicos Karlheinz Brandenburg, Popp e Grill. Moito máis tarde, en 1995, Brandenburg usouno por primeira vez no seu propio computador e un ano despois o seu instituto xa tiña 1,2 millóns de euros grazas á patente do formato. Dez anos máis tarde esa cantidade alcanzara os 26,1 millóns. No século XX aparecen os discman xunto ós reprodutores autónomos ou tamén chamados mp3, por que son capaces de reproducir o devandito formato, desprazando os walkman.
Na actualidade, a maioría dos formatos de gravación e reprodución de son teñen formato dixital, aínda que moita xente prefire as gravacións e reproducións analóxicas.