Hipopotomonstrosesquipedaliofobia
fobia a usar palabras longas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A hipopotomonstrosesquipedaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronuncia de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poida implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial. Segundo o DSM-5 (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders, Fifth Edition) é unha fobia social.[1] Adoita empregarse o termo sesquipedaliofobia como abreviatura da orixinal.