Himno da Unión Soviética
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Himno da Unión Soviética (Гимн Советского Союза) foi adoptado o 15 de marzo de 1944 como himno nacional en substitudicón da Internacional. A letra foi escrita por Sergei Mikhalkov (nado en 1913) en colaboración con Gabriel El-Registan e a música foi composta por Alexander Alexandrov (1883-1946). Críase que os soldados soviéticos responderían mellor a un himno dedicado á Unión Soviética que a un dedicado a un movemento mundial. Na súa orixe a canción foi o himno do Partido Bolxevique, con letra de Vasily Lebedev-Kumach en 1939.
Himno da Unión Soviética | |
---|---|
Himno de | Unión Soviética |
Letra | Sergey Mikhalkov 1841 |
Música | Alexander Alexandrov 1943 e 1977 |
Adoptado | 1 de xaneiro de 1944 1 de setembro de 1977(nova versión) |
Até | 26 de decembro de 1991 (como himno da Unión Soviética) 23 de novembro de 1990 (como himno da RSSF de Rusia) |
Mostra da música | |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Ao principio Stalin era mencionado na letra, pero logo da súa morte en 1953, o texto referente a Stalin tornouse inaceptable, polo que foi eliminado, sufrindo así o himno cambios na súa letra. A nova versión facía referencia ao partido de Lenin e ao comunismo, e o seu título cambiou polo de "Himno do Estado da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas" (Госуда́рственный гимн Сою́за Сове́тских Социалисти́ческих Респу́блик).
Despois do colapso da Unión Soviética en 1991, Rusia adoptou un novo himno, pero en 2000, o antigo himno soviético foi readoptado, con nova letra, representando á nova Rusia postsoviética e sen mencionar ao comunismo.