Heterópteros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os heterópteros (Heteroptera) son un grupo de insectos que comprende unhas 40.000 especies pertencentes á orde Hemiptera.[1] O termo "Heteroptera" procede do grego e significa "ás diferentes", xa que a maioría das especies teñen un par de ás anteriores con porcións membranosas e porcións endurecidas, chamadas hemélitros; os membros do grupo máis primitivo dos Enicocephalomorpha teñen ás completamente membranosas.
Heterópteros | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Barisus cercius | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Infraordes | |||||||||
|
O nome "Heteroptera" utilízase en dous sentidos diferentes nas modernas clasificacións. Na nomenclatura lineana aparecen xeralmente como unha suborde dentro da orde Hemiptera, onde poden ser parafiléticos ou monofiléticos dependendo da delimitación que se faga. En nomenclatura filoxenética úsase como un clado sen categorizar dentro do clado Prosorrhyncha, o cal á súa vez está no clado Hemiptera. Este resultado procede de que se considera que os Coleorrhyncha son simplemente "fósiles viventes" emparentados cos tradicionais Heteroptera, e están próximos dabondo a eles como para incluílos nese grupo.
Os Gerromorpha e Nepomorpha comprenden a maioría dos membros acuáticos e semiacuáticos dos heterópteros, mentres que case todos os grupos restantes que son comúns e popularmente coñecidos están dentro dos Cimicomorpha e Pentatomomorpha.