Hernando de Soto
conquistador e explorador español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hernando de Soto, nado en Barcarrota en 1500 e finado no río Mississippi o 21 de maio de 1542, foi un conquistador e explorador estremeño. Viaxou a América e participou na expedición de Gaspar de Espinosa que descubriu a costa de Nicaragua, e logo na conquista deste territorio, ás ordes de Francisco Hernández de Córdoba, en 1523. Foi Gobernador da Illa de Cuba entre 1538 e 1539 ano en que parte á conquista da Florida.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV Barcarrota (pt) |
Morte | 21 de maio de 1542 (Gregoriano) McArthur (en) |
Governor of Cuba (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Castela |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | Conquistadores casteláns , militar , explorador |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Cónxuxe | Inés de Bobadilla |
Hai unha discusión sobre se naceu en Jerez de los Caballeros ou en (Villanueva) de Barcarrota, ambas as dúas poboacións da provincia de Badaxoz, Estremadura. No seu testamento expresou o seu desexo de ser enterrado ao morrer, xunto aos restos da súa nai, na capela da Concepción da parroquia de San Miguel en Jerez de los Caballeros.