Heidi
novela de Johanna Spyri / From Wikipedia, the free encyclopedia
Heidi é unha obra de literatura infantil publicada en 1881 pola escritora suíza Johanna Spyri, orixinalmente publicada en dúas partes (en alemán: Heidis Lehr- und Wanderjahre, e alemán: Heidi kann brauchen, was es gelernt hat).[1] É unha novela sobre os eventos na vida dunha rapaciña baixo o coidado do seu avó nos Alpes suízos. Foi escrito como un libro "para nenos e para aqueles que aman os nenos" (como se cita no seu subtítulo).
Heidi | |
---|---|
Cuberta da edición de 1887. | |
Título orixinal | Heidi |
Autor/a | Johanna Spyri |
Ilustrador/a | Jordi Nabau (gl) |
Orixe | Suíza |
Lingua | Alemán |
Xénero(s) | Literatura infantil |
Editorial | Goldmann Sotelo Blanco edicións |
Data de pub. | 1881 1987 |
Páxinas | 16 (gl) |
ISBN | ISBN 84-86021-78-2 (gl) |
Tradución | Xesús González Gómez (1987) Beatriz Fraga (2000) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Heidi deu fama internacional a Spyri, Heidi é un dos libros máis vendidos xamais escritos e está entre as obras máis coñecidos da literatura suíza.[2][3]
Foi traducido ó galego por Xesús González Gómez por Sotelo Blanco Edicións, da serie Movil Books, no ano 1987.[4] Foi traducido ó galego de novo nunha edición bilingüe en galego e inglés por Beatriz Fraga e publicada por Sotelo Blanco Edicións, na serie Movil Books, no ano 2000.[5] No ano 2021 publicouse unha nova tradución Patricia Buján Otero en Aira Editorial.[6]