Hayabusa2
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tras o fracaso da misión Hayabusa, a axencia xaponesa de exploración aerospacial, JAXA, lanzou en 2014[1] unha segunda misión, Hayabusa2 co mesmo obxectivo, a recolección de mostras de asteroides, regresando con éxito o 5 de decembro de 2020 con mostras do asteroide Ryugu.[2]
A cápsula descendeu en paracaídas no deserto de Woomera, Australia, ó igual que o fixera a súa predecesora.
A recollida de mostras fíxose en dúas ocasións, en febreiro de 2019, ó descender sobre o asteroide, e en xullo de 2019 ó lanzar un impacto explosivo (o Small Carry-on Impactor, SCI) para chegar a capas máis profundas. SCI, un proxectil de cobre de 2,5 kg, impactou na superficie do asteroirde Ryugu, de 900 m de diámetro, a uns 2 km/s.