Harun al-Rashid
From Wikipedia, the free encyclopedia
Harun al-Rashid[1][2] (en árabe هارون الرشيد, Aarón o Xusto), nado en Rayy, Persia, o 17 de marzo de ca. 766 e finado en Tus o 24 de marzo de 809, foi o quinto e máis famoso califa da dinastía abasí de Bagdad. Gobernou desde o 14 de setembro de 786 até a súa morte.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (ar) هَارُون الرَشِيد |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de febreiro de 766 Rey (pt) |
Morte | 24 de marzo de 809 (43 anos) Tus |
Lugar de sepultura | Harun ِal-Rashid Mausoleum (en) |
5º Abbasid caliph (en) | |
14 de setembro de 786 – 24 de marzo de 809 ← Al-Hadi (pt) – Al-Amin (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | político , poeta , Califa |
Profesores | Shu'ba Ibn al-Ḥajjāj (pt) , Abu 'Ubaida (pt) , Al-Kisa'i (en) e Al-Mufaddal (en) |
Familia | |
Familia | Abbásida |
Cónxuxe | Zubaidah bint Ja`far Q125493865 Marajil Maridah bint Shabib Q12212588 |
Fillos | Al-Amin (pt) () Zubaidah bint Ja`far (en) Alcacim ibne Harune Arraxide (pt) () Ahmed Al-Sabti (en) () Al-Mu'tasim (pt) () Maridah bint Shabib (pt) Al-Mamun (pt) () Marajil (en) Q125493978 () |
Pais | Al-Mahdi (pt) e Al-Khaizuran |
Irmáns | Al-Hadi (pt) , Ulaia binte Almadi (pt) , Abbasa (pt) , Ubaydallah ibn al-Mahdi (en) , Ibrahim ibn al-Mahdi (pt) e Banuqa (en) |
Pechar
Considérase un dos máis grandes gobernantes musulmáns, e un exemplo a imitar polos seus correlixionarios. No seu reinado o califato abasí chegou ao cumio do seu poderío, un período de excepcional esplendor cultural, científico e económico. Por outra parte, foi moi radical nas súas concepcións relixiosas acerca do islam.
A súa fama e poderío foron inmortalizados en As mil e unha noites, onde el, a súa esposa Zobeida e varios dos seus cortesáns protagonizan numerosas historias.