Guerras fernandinas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As chamadas Guerras fernadinas foron unha serie de disputas polo trono de Castela entre o rei Fernando I de Portugal e o rei Henrique II de Castela e despois polo fillo deste, Xoán I de Castela, tras o asasinato de Pedro o Cruel (ou o Xusticeiro), o último descendente lexítimo da Casa de Borgoña en sentar no trono do Reino de Castela e León, a mans do seu medio irmán Henrique.[1]
Datos rápidos Data, Lugar ...
Guerras fernandinas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de dos conflitos que enfrontaron ao rei de Portugal Fernando I e aos reis da Casa de Trastámara polo trono da Coroa de Castela, tras o asasinato de Pedro I a mans do seu irmán Henrique. | |||||||
O exército anglo-portugués (dereita) derrota á vangarda francesa ao servizo do rei castelán. Da Chronique d'Angleterre de Jean de Wavrin. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Reino de Portugal | Coroa de Castela | ||||||
Líderes | |||||||
Fernando I de Portugal | Henrique II de Castela |
Pechar
Pódense dividir en tres fases: entre 1369-1370, 1372-1373 e 1381-1382.
Cada un destes tres períodos de guerra acabaron cun tratado de paz: o tratado de Alcoutim (1371), o tratado de Santarém (1373) e o tratado de Elvas (1382).