Guerras cántabras
From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como guerras cántabras ou guerras cántabro-astúrico-galaicas[1][2] (29 a. C.-19 a. C.) aos enfrontamentos entre o Imperio romano e os distintos pobos ástures e cántabros que habitaban o territorio coñecido xa polos antigos romanos como Cantabri,[3] ao norte na Península Ibérica.
Guerras Cántabras Bellum Cantabricum et Asturicum | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conquista de Hispania | |||||||
Zona aproximada na que tiveron lugar as Guerras Cántabras. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Imperio romano | Cántabros e ástures | ||||||
Líderes | |||||||
Octavio Augusto (29 a. C.-26 a. C.) Caio Antistio Veto |
¿Corocotta? (cántabros) ¿Gausón? | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Entre 70.000 e 80.000 homes | Entre 70.000 e 100.000 (baseado na poboación estimada) | ||||||
Baixas | |||||||
s/d | Eliminación de todos os cántabros en idade militar |
Os enfrontamentos mantidos por Roma contra os diversos pobos do Norte hispano (cántabros e ástures principalmente) representaban a culminación da longa conquista da Península Ibérica. A resonancia destas guerras excedeu á de gran parte das emprendidas polo Estado romano ao longo da súa historia. A razón diso non hai que buscala no ámbito estritamente militar, senón no alcance político que se lle concedeu á conquista do Norte peninsular, única operación dirixida persoalmente polo emperador César Augusto.[4]
Lucio Anneo Floro, historiador romano do século I
Así comeza Floro o seu relato para narrar os feitos acaecidos nunha contenda que fixo que o propio emperador romano César Augusto, abrise as portas do templo de Xano, en sinal de combate total, e desprazásese en persoa desde Roma ata terra de cántabros.