Guerras celtiberas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínanse guerras celtiberas ou guerras celtíberas á xeira de enfrontamentos bélicos habidos entre os séculos III e II a. C. entre o conxunto de pobos celtiberos que habitaban a meseta superior e zona media do Ebro contra a República romana. Estes enfrontamentos tiveron unha duración temporal desigual, con tres períodos nos que houbo varias paces, pactos, asedios e batallas. O resultado final foi a anexión por Roma da rexión denominada Celtiberia.
Guerras celtiberas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Belixerantes | |||||||
República romana | Tribos celtiberas | ||||||
Líderes | |||||||
Primeira guerra Marco Fulvio Nobilior Tiberio Sempronio Graco Segunda guerra Quinto Fulvio Nobilior Marco Claudio Marcelo Tercera guerra Metelo o Macedónico Quinto Pompeio Marco Popilio Lenas Caio Hostilio Mancino Escipión Emiliano |
Primeira guerra Hilerno (193 a. C.) Thurro (179 a. C.) Segunda guerra Caro de Segeda(153 a. C.) Ambon e Leukon[1] Litenón (152 a. C.)[2] Attio Tercera guerra Retóxenes o Caraunio | ||||||
Forzas en combate | |||||||
De 30.000 a 60.000 | Uns 20.000 | ||||||
Baixas | |||||||
Moitas | Moitas (exterminio dos numantinos e escravitude de moitos outros) |
A Primeira guerra celtibera (181–179 a.C.) e a Segunda guerra celtibera (154–151 a.C.) foron dúas das tres rebelións importantes levadas a cabo polos Celtiberos (unha alianza das tribos célticas que viviron en Hispania central e oriental, entre as que se poden incluír os Arévacos, os Lusóns, os Titos e os Belos)[3] contra a presenza dos romanos en Hispania. A Terceira guerra celtibera (143-133 a.C.) foi a maior de todas e, acotío, é coñecida tamén como Guerra Numantina.
Ao rematar a Segunda guerra púnica, os cartaxineses perderon o control dos territorios hispanos fronte a Roma. A seguir, Roma dividiu o territorio e creou as provincias de Hispania Ulterior e Hispania Citerior. Daquela, os celtiberos, que compartían fronteira con esta última provincia comezaron a se enfrontaren co exército romano que actuaba nas áreas de Celtiberia e isto levou á Primeira guerra celtibera. A vitoria romana nesta guerra e os tratados de paz establecidos polo pretor romano Sempronio Graco con varias tribos conseguiron uns 24 anos de relativa paz.
No 154 a.C., o Senado romano rexeitou a ampliación das murallas da cidade de Segeda pertencente aos Belos e foi a causa da declaración de guerra. Esta Segunda guerra celtibera (154-152 a. C.) afectou polo menos a tres tribos celtiberas: os Titos, os Belos (cidades de Segeda e Nertobriga) e os Arévacos (cidades de Numantia, Axinum e Ocilis). Tras algunhas vitorias iniciais dos celtiberos, o cónsul Marco Claudio Marcelo conseguiu derrotalos en varias ocasións e asinaron a paz. O seguinte cónsul, Lucio Licinio Lúculo, atacou os Vacceos, unha tribo que vivía no centro do val do Douro e que non estaba en guerra con Roma, coa escusa de que maltrataba os Carpetanos. Esta Segunda guerra celtibera solapouse coa Guerra Lusitana (154-150 a.C.).