Guerra dos Dez Anos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Guerra dos Dez Anos,[9] Guerra do 68 ou Guerra Grande (1868-1878), tamén coñecida en España como Guerra de Cuba, foi a primeira das tres guerras cubanas de independencia contra as forzas coloniais españolas. A guerra comezou coa primeira declaración de independencia, o Manifesto da Xunta Revolucionaria de Cuba, máis coñecido como o Grito de Yara, na noite do 9 ao 10 de outubro de 1868, na herdade La Demajagua, en Manzanillo, que pertencía a Carlos Manuel de Céspedes.[9]
Guerra dos Dez Anos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Voluntarios españois embarcándose para a guerra en Cuba, Barcelona, 1870 | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Cuba Independentistas cubanos | España España | ||||||||
Líderes | |||||||||
Carlos M. de Céspedes† Manuel de Quesada Thomas Jordan Ignacio Agramonte† República Dominicana Máximo Gómez República Dominicana Luis Marcano† República Dominicana Modesto Díaz Vicente García Ángel del Castillo† Honorato del Castillo† Miguel J. Gutiérrez† Calixto García(P.D.G.) Antonio Maceo Perucho Figueredo† Francisco V. Aguilera† Donato Mármol† Henry Reeve† |
Francisco Lersundi Hormaechea Domingo Dulce Blas Villate Felipe Ginovés del Espinar Antonio Caballero y Fernández de Rodas Francisco de Ceballos y Vargas Cándido Pieltaín y Jové Huervo Joaquín Jovellar José Gutiérrez de la Concha Camilo Polavieja Arsenio Martínez Campos Valeriano Weyler | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
10.000-20.000 en 1869[1] 10.000-12.000 en 1873[2] +8.000 en 1878 |
181.000 (movidos en toda a guerra)[3] 30.000 (1868)[4] 40.000 (finais de 1869)[1] 55.000 (1870)[5] 30.000 (1875)[6] | ||||||||
Baixas | |||||||||
~50.000 mortos[7] | 81.248 mortos[3] | ||||||||
Probablemente arredor de 200.000 mortos e 100.000 exiliados.[8] |
Rematou dez anos máis tarde coa Paz de Zanjón ou Pacto de Zanjón (10 de febreiro de 1878),[10] onde se estableceu a capitulación do Exército Independentista Cubano fronte ás tropas españolas. Este acordo non garantira ningún dos dous obxectivos fundamentais da guerra: a independencia de Cuba e a abolición da escravitude. Por dicha razón, grupos dispersos de patriotas cubanos continuaron loitando durante a maior parte do ano 1878 e intentarían reiniciar a loita durante a chamada Guerra Chiquita (1879-1880).