Guacamaio de Spix
especie de paxaro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O guacamaio de Spix (Cyanopsitta spixii) é unha especie de guacamaio orixinario do Brasil. É o único membro do xénero Cyanopsitta, unha especie psitaciforme da familia dos papagaios (Psittacidae); crese que na súa rexión orixinaria, unha zona do estado de Baía, no Brasil, oficialmente, xa non quedan exemplares en liberdade. Foi declarada extinta en estado salvaxe en 2018.[2]
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Guacamaio de Spix | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo, posiblemente extinto[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Cyanopsitta spixii (Wagler, 1832) |
Pechar
O seu nome é unha homenaxe ó médico, explorador e zoólogo alemán Johann Baptist von Spix.