Grandes esperanzas
novela de Charles Dickens / From Wikipedia, the free encyclopedia
Grandes esperanzas[1] (en inglés: Great Expectations) é a décimo terceira novela de Charles Dickens, e a penúltima completada. Trátase dun bildungsroman que describe o crecemento e o desenvolvemento persoal dun orfo chamado Pip. É a segunda novela de Dickens, despois de David Copperfield, en ser narrada completamente en primeira persoa. Nun comezo, foi publicada de forma seriada no xornal semanal de Dickens, All the Year Round, dende o 1 de decembro de 1860 até agosto de 1861.[2] En outubro de 1861, Chapman and Hall publicou a novela en tres volumes.[3]
Datos rápidos Grandes esperanzas, Título orixinal ...
Grandes esperanzas | |
---|---|
Páxina co título do primeiro volume da primeira edición, en xullo de 1861. | |
Título orixinal | Great Expectations |
Autor/a | Charles Dickens |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Chapman & Hall Vicens Vives |
Data de pub. | 1861 2012 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 544 |
ISBN | ISBN 978-84-682-1275-3 |
Tradución | María Isabel Soto López |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Traduciuna ó galego Isabel Soto a partir da adaptación ó castelán a cargo de José María Pérez Zúñiga, e foi publicada pola editorial Vicens Vives en 2012.[1]