Gran Premio de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Alemaña (Großer Preis von Deutschland) é unha carreira válida para o campionato mundial de Fórmula 1. Inicíousese en 1907 coa primeira carreira dos Kaiserpreis no circuíto de Taunus, onde só participaban vehículos de turismo con motores inferiores a seis litros. A primeira carreira foi gañada polo italiano Felice Nazzaro cun Fiat. En 1926 organizouse a carreira de vehículos deportivos na pista Automóbil Verkehrs und Übungs-Straße (AVUS) ao suroeste de Berlín, con todo, debido a un accidente onde perderon a vida tres persoas, o Gran Premio de Alemaña non se volveu a correr en AVUS ata 1959.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2016) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Hockenheimring (Hockenheim) 49°19′40″N 8°33′57″L |
Lonxitude | 4,574 km |
País | Alemaña |
Vixencia | 1926 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
En 1927 a carreira múdase ao circuíto de Nürburg (Nürburgring) de 28 km, onde se correu ata a década de 1970. Desde entón o Gran Premio de Alemaña alternouse entre Nürburg e Hockenheim (Hockenheimring). En 1986, Hockenheim converteuse en sede permanente. Na tempada 2007 cancelouse a carreira. Desde 2008 a carreira volveu a alternarse entre Nürburgring e Hockenheimring ata 2014.
A carreira continuou a ser coñecida como o Gran Premio de Alemaña, durante a época en que a carreira celebrouse en Alemaña Occidental.
Debido a que a Alemaña Occidental impedíuselle tomar parte en eventos internacionais no período inmediato á posguerra, o Gran Premio de Alemaña só se converteu en parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 en 1951. Foi designado como Gran Premio de Europa catro veces entre 1954 e 1974, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de Gran Premio en Europa. Foi organizado polo AvD (Automóbil Club de Alemaña) desde 1926. Os ben coñecidos ADAC tamén foron os organizadores de moitas carreiras.