Gran Canaria
illa do arquipélago das illas Canarias / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gran Canaria é unha illa do Arquipélago Canario situada no océano Atlántico, xunto ás costas do norte de África e que pertence politicamente a España. Xunto coas illas de Lanzarote e Fuerteventura forma a provincia das Palmas, integrada ademais polos illotes de La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Illa de Lobos. A capital da illa é As Palmas de Gran Canaria, que tamén é capital das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e da provincia das Palmas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Datos rápidos Situación, País ...
Gran Canaria | |
---|---|
Localización nas Canarias | |
Situación | |
País | España |
Comunidade autónoma | Canarias |
Provincia | As Palmas |
Arquipélago | Canarias |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 27.57, -15.35 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Volcánica |
Superficie | 1.560,1 km² |
Punto máis alto | 1.949 m (Pico de las Nieves) |
Demografía | |
Capital | As Palmas de Gran Canaria |
Poboación | 845.195 hab. (INE 2016) |
Densidade | 541,75 hab./km² hab./km² |
Xentilicio | grancanario, ria |
Lingua propia | Castelán |
Pechar