Gonzalo Menendiz
Conde de Portucale / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gonzalo Menendiz ou Gonzalo Menéndez en portugués: Gonçalo Mendes (c. 925[1] – 997),[2] foi un conde e membro da alta nobreza galego-portuguesa que viviu uns tempos convulsos marcados polas revoltas da nobreza, os ataques dos normandos e as incursións e devastación inflixidas polos exércitos musulmáns dirixidos por Almanzor. Opositor aos reis Sancho I e Ramiro III, foi un dos nobres que apoiaron e elevou ao trono a Ordoño IV e posteriormente a Vermudo II. A súa neta, Elvira Méndez, era a muller do rei Afonso V e a nai de Vermudo III e da raíña Sancha. Despois de servir ao rei Vermudo como seu armiger regis desde 993 e de ter gobernado o territorio de Braga, morreu en 997 durante a campaña de Almanzor contra Santiago de Compostela.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 925 (Gregoriano) |
Morte | 997 (71/72 anos) |
Conde de Portucale | |
950 – 997 ← Muniadona Díaz – Mendo Gundisalviz → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de León Reino de Galicia |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Aguioncha |
Outro | |
Título | Conde |
Fillos | Mendo Gundisalviz |
Pais | Hermenexildo Gundisalviz e Muniadona Díaz |
Irmáns | Arias Menendiz |
Pechar