Gobernadores do Milanesado
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Despois da morte sen herdeiros de Francisco II Sforza, en 1535, o emperador Carlos V e o rei Francisco I de Francia enfrontáronse na guerra italiana de 1536-1538 polo control do Milanesado, estado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico, até entón en poder das familias Visconti e Sforza.
En 1538, con Milán ocupado polas forzas imperiais, ambos os contendentes asinaron a tregua de Niza. A partir deste momento Milán quedaría en poder de España, até 1706, cando Filipe V o perdeu en favor do Sacro Imperio durante a guerra de sucesión española.
A diferenza doutros territorios da Monarquía Hispánica, o Estado de Milán, ao igual que os Países Baixos, estivo administrado por un gobernador que á súa vez era capitán xeneral. Este cargo tiña as mesmas atribucións que as de vicerrei, pero a súa titulación non foi esta, dado que historicamente Milán e os Países Baixos nunca foran reinos, como Sicilia, Nápoles ou Sardeña, senón ducados.
A continuación dáse unha lista das personalidades que gobernaron o ducado:[1]