Gangkhar Puensum
montaña de Bután / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gangkhar Puensum (en dzongkha: གངས་དཀར་སྤུན་གསུམ་) é a montaña máis alta de Bután e a máis alta do mundo cuxo cumio aínda non se acadou. Ten unha altitude de 7.570 metros e unha prominencia de 2.990 metros. O seu nome significa O pico branco dos tres irmáns espirituais.[1] Trala apertura de Bután para o montañismo en 1983, catro expedicións tentaron, sen éxito, escalar o cumio nos anos 1985 e 1986.[2] Porén, en 1998, un equipo conseguiu acadar un pico subsidiario da montaña dende a China.
Este artigo amosa escritos tibetanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |