Galipedia
edición da Wikipedia en lingua galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega.[1] Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003,[2] é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 209.528.[3] A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.[4]
Datos rápidos Tipo, Comercial ...
Galipedia | |
---|---|
Logo da Wikipedia en galego. | |
Portada da Wikipedia en galego do ano 2013. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Galego |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 8 de marzo do 2003 |
Na rede | |
https://gl.wikipedia.org/ | |
Pechar
Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Wikipedia:Actualidade. Existen tamén páxinas de estatística, entre elas, Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.