Ford T
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo custo producido pola Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927.[1] Con este modelo introduciuse a produción en cadea, popularizando a adquisición dos automóbiles pola clase media.
Datos rápidos
Ford T | |
Fabricante | Ford Motor Company |
País | Estados Unidos |
Deseño | Henry Ford Childe Harold Wills Joseph A. Galamb Eugene Farkas |
Produción | 15 007 033 unidades |
Período | 1908 - 1927 |
Dimensións | |
Lonxitude | 3404 mm |
Anchura | 1676 mm |
Altura | 1860 mm |
Distancia eixes | 2540 mm |
Peso | 540 – 750 kg |
Características técnicas | |
Motor | 2,9 L, 20 hp L4 |
Modelos relacionados | |
Antecesor | Ford S, Ford N |
Sucesor | Ford A |
Pechar
Con 15 millóns de unidades vendidas, foi o coche máis vendido da historia antes de ser superado polo Volkswagen Escaravello en 1972,[2] e aínda estaba oitavo na lista dos dez primeiros, en 2012.[3]