Fernando de Andrade e Soutomaior
relixioso galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando de Andrade e Soutomaior, nado en Vilagarcía de Arousa o 23 de agosto de 1578[1] e finado en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 1655, foi un prelado galego que ocupou os cargos de arcebispo de Santiago de Compostela (1645-1655), arcebispo ―título persoal― de Sigüenza (1640-1645), arcebispo de Burgos (1631-1640) e bispo de Palencia (1628-1631), así como os de gobernador-capitán xeneral de Galiza (1647-1648), presidente do Consello de Cantabria (1640) e vicerrei de Navarra (1637-1638).
Nome orixinal | (es) Fernando de Andrade e Sotomayor |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Fernando de Andrade y Sotomayor década de 1570 Vilagarcía de Arousa |
Morte | 22 de xaneiro de 1655 (75/85 anos) Santiago de Compostela |
Lugar de sepultura | catedral de Santiago de Compostela |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
20 de marzo de 1645 – ← Agustín de Spínola Basadone – Pedro Carrillo Acuña y Bureba (en) → | |
Roman Catholic Bishop of Siguenza (en) | |
10 de setembro de 1640 – 20 de marzo de 1645 Diocese: diocese de Sigüenza | |
Vicerrei de Navarra | |
14 de febreiro de 1637 – abril de 1368 | |
Roman Catholic Archbishop of Burgos (en) | |
10 de novembro de 1631 – ← José González Díez (en) – Francisco de Manso Zuñiga y Sola (en) → | |
Bispo de Palencia | |
29 de maio de 1628 – ← Miguel Ayala (en) – Cristóbal Guzmán Santoyo (en) → Diocese: Diocese católica latina de Palencia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político , sacerdote católico |
Lingua | Lingua castelá |
Consagración | Diego Guzmán de Haros (pt) |
Foi, por conseguinte, unha importante figura relixiosa e política,[1] mais tamén un dos poucos bispos galegos que houbo en Galiza entre 1500 e 1830 (non máis dun 9 %)[2] e un dos reducidísimos gobernadores-capitáns xenerais de Galiza galegos.[lower-alpha 1] Destacou igualmente por ser un gran mecenas artístico durante toda a súa vida.[4] Resultado do seu patrocinio foron, ademais, a creación do convento de Vista Alegre, a ampliación da igrexa parroquial de Arealonga e mailo traslado e construción do hospital e capela da illa de Cortegada. Encargou, así mesmo, unha historia xeral de Galiza.
Como bispo, foi o principal consagrador de Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga, bispo de Mondoñedo (1639), e de Juan Pérez de Vega, bispo de Tui (1649).[5]