Faro de Cordouan
From Wikipedia, the free encyclopedia
O faro de Cordouan (Pronunciación francesa: [kɔʁdwɑ̃]) é un faro activo situado a 7 km. no mar, preto da desembocadura da ría do Xironda en Francia. A unha altura de 67,5 m.,[1] é o décimo "faro tradicional" máis alto " no mundo.
Faro de Cordouan | |
---|---|
Faro de Cordouan, novembro 2006 | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | FRA |
Localización | Europa e América do Norte |
Tipo | Cultural |
Criterios | I,IV |
Inscrición | 2021 (44º sesión) |
Rexión da UNESCO | Xironda |
Identificador | 1625 |
O Tour de Cordouan, o "Patriarca dos Faros", é con diferenza o faro máis antigo de Francia, a súa construción comezou en 1584 e rematou en 1611. Deseñado polo destacado arquitecto parisiense Louis de Foix, o faro é unha especie de obra mestra do Renacemento, que se inspira nos mausoleos romanos e nos pazos, catedrais e castros do Renacemento.[2] Engadíronse tres pisos no século XVIII.
Debido á súa sobresaliente arquitectura renacentista e ao seu testemuño do desenvolvemento dos faros, o Faro de Cordouan catalogouse como monumento histórico en 1862, e recoñeceuse pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 2021.[3]