Falun Gong
From Wikipedia, the free encyclopedia
Falun Gong, en chinés 法輪功 ("Práctica da Roda da Lei"), é un grupo relixioso que se basea nun sistema que consiste en cinco exercicios de meditación, destinado ó cultivo da mente e do corpo. Foi introducido por Li Hongzhi en 1992.[1]
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Dende o 20 de xullo de 1999, o Goberno da China prohibiu Falun Gong. A versión oficial é que o fixo porque mantiña actividades ilegais; segundo o propio grupo, o Goberno da China temía que a popularidade de Falun Gong puxese en perigo a estabilidade do réxime comunista no país. Occidente considera esta prohibición contraria ós Dereitos Humanos.[2]
O número de membros de Falun Gong antes da súa ilegalización oscilaba entre os 70 millóns (segundo o New York Times o 27 de abril de 1999) e os 100 millóns estimados polo Goberno chinés.[3][n 1]