Extinción do Triásico-Xurásico
From Wikipedia, the free encyclopedia
A extinción do Triásico-Xurásico, extinción masiva do Triásico-Xurásico ou evento de extinción do Triásico-Xurásico foi un dos maiores episodios de extinción masiva do Fanerozoico que ocorreu na fronteira entre o Triásico e o Xurásico, hai 201,3 millóns de anos (Ma),[1] que afectou profundamente á vida nos mares e na terra. No mar, unha clase enteira, a dos conodontos,[2] e o 34% dos xéneros mariños despareceron.[3] En terra, extinguíronse todos os arcosauros que nos eran crocodilomorfos (é dicir, Sphenosuchia e Crocodyliformes) nin Avemetatarsalia (é dicir, pterosauros e dinosauros), xunto con algúns dos restantes terápsidos e moitos dos grandes anfibios.