Experimentos de laboratorio de especiación
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os experimentos de laboratorio de especiación son experimentos realizados sobre os catro modos de especiación: alopátrica, peripátrica, parapátrica e simpátrica; e outros procesos que implican especiación: a hibridación, reforzo, e efectos fundadores, entre outros. A maioría dos experimentos foron realizados con moscas, especialmente as moscas do vinagre Drosophila.[1] Porén, en estudos máis recentes testáronse lévedos, outros fungos e mesmo virus.
Suxeriuse que os experimentos de laboratorio non conducen a unha especiación vicariante (alopátrica e peripátrica) debido aos seus pequenos tamaños de poboación e limitado número de xeracións.[2] A maioría das estimacións de estudos da natureza indican que a especiación tarda de centos de miles a millóns de anos.[3] Por outra parte, crese que moitas especies se especiaron máis rápido e máis recentemente, como as sollas europeas Platichthys flesus, que desovan en zonas peláxicas e demersais, que se especiaron alopatricamente nunhas 3000 xeracións.[4]