Estevo III de Moldavia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo III de Moldavia (c. 1437 - 2 de xullo de 1504), tamén coñecido coma Estevo o Grande («Ștefan cel Mare» en romanés) ou Estevo o Grande e o Santo («Ștefan cel Mare și Sfânt»), foi príncipe de Moldavia entre 1457 e 1504, o máis prominente representativo da Casa Real Mușat.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1433 Borzești, Romanía (en) |
Morte | 2 de xullo de 1504 (70/71 anos) Suceava, Romanía (pt) |
Lugar de sepultura | Putna Monastery (en) |
Ruler of Moldavia (en) | |
abril de 1457 – 2 de xullo de 1504 ← Peter Aaron (en) – Bogdan III (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Principado de Moldavia |
Grupo étnico | Pobo moldovo |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Lingua | Lingua romanesa |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 2 de xullo |
Outro | |
Título | Ruler of Moldavia (en) |
Familia | Casa dos Bogdano-Mușat (pt) |
Cónxuxe | Maria de Mangup Maria Voichița Evdochia de Kiev |
Parella | Maria Rareș (pt) |
Fillos | Petru Rareș (pt) () Maria Rareș (pt) Bogdan III (pt) () Maria Voichița Helena (pt) () Evdochia de Kiev (pt) Alexandru of Moldavia (en) () |
Pais | Bogdan II da Moldávia (pt) e Maria (en) |
Durante o seu reinado, transformou Moldavia nun estado poderoso e mantivo a súa independencia fronte ás ambicións de Hungría, Polonia, e do Imperio Otomán, que querían subxugar ao país. Estevo chegou a ser famoso en Europa pola súa resistencia fronte aos otománs. Foi vitorioso en 34 de 36 batallas, e o primeiro en derrotar de maneira decisiva ao Imperio Otomán, na Batalla de Vaslui, despois da cal o papa Sisto IV nomeouno verus christianae fidei athleta (verdadeiro campión da fe cristiá). Estevo foi un home relixioso, construíndo igrexas e mosteiros despois das súas vitorias, e pagando a débeda do Monte Athos ao Imperio Otomán, asegurando desta maneira a autonomía da comunidade monástica.