Imperio Otomán
Imperio musulmán orixinado na Turquía moderna (1299–1922) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Imperio Otomán (en turco moderno: Osmanlı İmparatorluğou ou Osmanlı Devleti), oficialmente Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía polos seus contemporáneos, aínda que os gobernantes osmanlíes xamais utilizaron ese nome para referirse ao seu Estado. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.
دولت عالیه عثمانیه (ota) | |||||
Himno | Himno nacional do Imperio Otomán | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «دولت ابد مدت» | ||||
Nomeado en referencia a | Osman I | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Constantinopla (1453–1922) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua turca otomá | ||||
Relixión | Sunnismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.200.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Disolución | 17 de novembro de 1922 | ||||
Sucedido por | Goberno de Ancara e ocupación de Esmirna | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta (1302–1876) monarquía dual (1876–1878) monarquía absoluta (1878–1908) monarquía dual (1908–1922) unipartidismo (1913–1918) Xunta militar (1913–1918) monarquía | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral do Imperio Otomán , | ||||
Moeda | akçe | ||||
O Imperio Otomán comezou sendo un máis dos pequenos estados turcos que xurdiron na Asia Menor durante a decadencia do Imperio turco selxúcida. Os turcos otománs foron controlando paulatinamente aos demais estados turcos, sobreviviron ás invasións mongolas e baixo o reinado de Mehmed II (1451-1481) acabaron co que quedaba do Imperio bizantino. A primeira fase da expansión otomá tivo lugar baixo o goberno de Osman I (1288-1326) e seguiu nos reinados de Orhan I, Murad I e Bayezid I , a expensas dos territorios do Imperio bizantino, Bulgaria e Serbia. Bursa caeu baixo o seu dominio en 1326 e Adrianópole en 1361. As vitorias otomás nos Balcáns alertaron a Europa Occidental sobre o perigo que este Imperio representaba e foron o motivo central da organización da cruzada de Sexismundo de Hungría. O sitio que puxeron os otománs a Constantinopla foi roto grazas a Tamerlán, caudillo dos mongois, quen tomou prisioneiro a Bayezid I en 1402, pero o control mongol sobre os otománs durou moi pouco. Finalmente, o Imperio Otomán logrou conquistar Constantinopla en 1453.
No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. limitaba ao oeste co Sultanato de Marrocos, ao leste con Persia e o mar Caspio, ao norte co Tsarato ruso, a Monarquía Habsburgo (Hungría e Sacro Imperio Romano Xermánico) e a Mancomunidade de Polonia-Lituania, e ao sur con Sudán, Eritrea, Somalia e o Emirato de Diriyah (Arabia). O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.
Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O Imperio Otomán era, en moitos aspectos, o sucesor islámico dos antigos imperios clásicos. Numerosos trazos e tradicións culturais destes (en campos como a arquitectura, a cociña, o lecer e o goberno) foron adoptados polos otománs, quen os elaborou en novas formas. Estes trazos culturais máis tarde mesturáronse coas características dos grupos étnicos e relixiosos que vivían dentro dos territorios otománs e crearon unha nova e particular identidade cultural otomá.
Durante o século XIX, diversos territorios do Imperio Otomán independizáronse, principalmente en Europa. As sucesivas derrotas en guerras e o auxe dos nacionalismos dentro do territorio levaron ao decaemento do poder do imperio. A súa participación na primeira guerra mundial seguido coa ocupación de Constantinopla e o xurdimento de movementos revolucionarios dentro de Turquía déronlle o golpe mortal e resultou na partición do Imperio Otomán. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.