Estados Confederados de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Estados Confederados de América (en inglés: Confederate States of America (C.S.A.)), tamén chamados a Confederación e Estados Confederados, foi un Estado formado polos once estados meridionais dos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Como a súa existencia nunca foi recoñecida no plano internacional, a súa fronteira setentrional é incerta, pero ao leste limitaba co océano Atlántico e ao sur tiña fronteira con México e o golfo homónimo. O goberno confederado reclamaba un territorio de 1 995 392 km² e unha poboación de 9 103 332 habitantes, dos cales 3 521 110 eran escravos, segundo o censo de 1860.[1]
Confederate States (en) | ||||
Himno | Dixie | |||
---|---|---|---|---|
Lema | «Deo vindice (en) » | |||
Símbolo oficial | George Washington | |||
Alcume | Confederacy | |||
Nomeado en referencia a | América | |||
Localización | ||||
Capital | Danville (pt) Montgomery (1861–1861) Richmond (1861–1865) | |||
Contén a división administrativa | Alabama (1861–1865) Arcansas (1861–1865) Carolina do Norte (1861–) Carolina do Sur (1861–1865) Florida (1861–) Kentucky (1861–) Luisiana - Louisiana (1861–1865) Mississippi (1861–) Misuri (1861–) Tennessee (1861–) Território Confederado do Arizona (pt) (1862–) Texas (1861–) Virxinia (1861–) Xeorxia (1861–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9.103.332 (1860) (4,56 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua inglesa (De facto) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1.995.392 km² | |||
Comparte fronteira con | Estados Unidos de América (1861–1865) Segunda República Federal do México (pt) (1861–1863) Segundo Império Mexicano (pt) (1863–1865) | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 8 de febreiro de 1861 | |||
Disolución | maio de 1865 | |||
Sucedido por | Estados Unidos de América | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | república federal presidencialismo | |||
• President of the Confederate States (en) | Jefferson Davis (1861–1865) | |||
Órgano lexislativo | Confederate States Congress (en) , (Escano: 135) | |||
Moeda | Dólar Confederado (pt) | |||
Sete estados proclamaron a súa secesión dos Estados Unidos antes de que Abraham Lincoln fose investido presidente, catro máis fixeron o mesmo despois de que a guerra civil dos Estados Unidos comezase coa batalla de Fort Sumter. Os Estados Unidos de América ("a Unión") sostivo que a secesión era ilegal e negou o recoñecemento á Confederación. Aínda que os gobernos europeos non recoñeceron oficialmente a creación desta Confederación, o Reino Unido vendeu buques de guerra e abasteceunos de subministracións por intereses comerciais.
Cando Robert E. Lee e outros xenerais confederados se renderon na primavera de 1865, a Confederación colapsouse, finalizando a guerra sen unha posterior guerra de guerrillas. Seguidamente, produciuse un proceso, bautizado como a Reconstrución, que durou máis dunha década, e que dotou os escravos liberados de dereitos civís e dereito ao voto, expulsando os líderes da derrotada Confederación dos seus cargos, e readmitindo aos estados a súa representación no Congreso de forma permanente.