Esquerra Unida - L'Entesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Esquerra Unida - L'Entesa foi unha coalición política formada na Comunidade Valenciana por Esquerra Unida do País Valencià, Izquierda Republicana, Esquerra Valenciana e Els Verds para presentarse para as eleccións autonómicas e municipais de 2003. Saíron elixidos 6 deputados autonómicos e 160 concelleiros na Comunidade Valenciana. Nas eleccións xerais de 2004 a coalición volveuse a presentar, pero esta vez só a formaron Esquerra Unida del País Valencià, Izquierda Republicana e o sector de Els Verds partidario de Carles Arnal (constituído nun novo partido, Els Verds Esquerra Ecologista del País Valencià). Isaura Navarro foi elixida deputada na circunscrición de Valencia.
Datos rápidos 'Entesa, Acrónimo ...
Esquerra Unida - L'Entesa | |
---|---|
Acrónimo | Entesa |
Tipo | coalición electoral |
Data de fundación | 2003 |
Persoas relacionadas | Joan Ribó e Glòria Marcos i Martí |
Na rede | |
http://www.entesa.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A coordinadora da coalición foi Glòria Marcos.