Esencialismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O esencialismo é un termo que engloba as doutrinas ocupadas en describir a esencia —o que fai que un ser sexa o que é— por oposición ás continxencias —o que é accidental, cuxa ausencia non cuestiona a natureza deste ser—, a condición ou a identidade do obxecto ou individuo. O esencialismo foi controvertido dende os seus comezos. Tanto Sócrates como Platón xa cuestionaron a noción ó suxerir, no Parménides, que se aceptamos a idea de que cada cousa ou acción participa dunha esencia, entón tamén debemos aceptar a "existencia de esencias separadas" para os seus compoñentes.[1] O papel e valor real do esencialismo na bioloxía aínda é un tema de debate. En socioloxía, o esencialismo serviu a miúdo como base para lexitimar diferenzas discriminatorias entre os seres humanos alegando á súa esencia, tales son os casos de homofobia, racismo, misoxinia, misandria e segregacionismo en xeral.[2][3][4][5] En xeral, as diferentes teorías esencialistas definen a un grupo a través dun pequeno set de propiedades fixas ignorando o resto de condicións baixo as cales emerxe a súa identidade.[6]