Escudo de Xamaica
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Xamaica é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente en 1962. Considerado como un legado británico con lixeiras modificacións, o escudo foi creado en 1661. O deseño orixinal é de William Sancroft, Arcebispo de Canterbury.[1]
Datos rápidos Detalles, Armiger ...
Pechar
O lema orixinal era INDUS UNTERQUE SERVIET VNI, que traducido do latín significa "Os dous indios servirán como un só", ou tamén "Ámbolos indios servirán xuntos". Ese lema facía referencia á servidume colectiva dos taínos e arauacos. O lema foi substituído en 1962 por "Out of Many, One People", ("De moitos, un pobo")[2] como un tributo á unidade das diferentes minorías que habitan a nación.