Enxeñaría aeroespacial
rama da enxeñaría que estuda as aeronaves / From Wikipedia, the free encyclopedia
A enxeñaría aeroespacial[1] é unha rama da enxeñaría que estuda as aeronaves; engloba os ámbitos da actual enxeñaría aeronáutica, relacionada co deseño de sistemas que voan na atmosfera e da enxeñaría espacial, entendendo por esta última aquela que se ocupa do deseño dos vehículos impulsores e dos artefactos que serán colocados no espazo. Mentres que a enxeñaría aeronáutica foi o termo orixinal, o termo máis amplo "aeroespacial" substituíuno no uso.