En perigo crítico
From Wikipedia, the free encyclopedia
A denominación "en perigo crítico" (abreviada CR, do inglés critically endangered) é a denominación utilizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) para un dos estado de conservación dunha especie cando esta se considera que está ante un grave risco de extinción na natureza.[1] É a categoría de maior risco asignada pola IUCN na súa lista vermella para unha especie en estado silvestre. No sistema de categorías da UICN é o nivel de risco inmediatamente superior a "en perigo" (EN) e anterior a "extinta en estado silvestre" (EW).
En 2014, había 2464 especies animais e 2104 de plantas con esta valoración, o que supón un aumento con respecto ao ano 1998, cando había 854 e 909 catalogadas, respectivamente.[2]
Como na lista vermella da IUCN non se considera extinta unha especie ata que se fan exames específicos e extensos sobre a súa situación na natureza, as especies que posiblemente están xa extintas pero para as que non se realizaron estes estudos son colocadas polo momento como en perigo crítico. A IUCN ten unha lista[3] de especies "posiblemente extintas" CR(PE) e "posiblemente extintas na natureza" CR(PEW), modeladas nas categorías usadas pola BirdLife International par categorizar estes taxons.