Emirato de Axman
estado dos Emiratos Árabes Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Emirato de Axman (árabe: إمارة عجمانّ Imārat al-ʿAǧmān) é un dos sete estados que constitúen os Emiratos Árabes Unidos. Cunha superficie de só 260 quilómetros cadrados, Axman é o máis pequeno dos emiratos por superficie. A sede do seu goberno é a cidade de Axman, da cal toma o seu nome. O emirato limita polo norte, sur e leste co Emirato de Sharjah.[1] It has a population of some 240,000.[2]
إمارة عجمان (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | ||||
Capital | Axman | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 504.836 (2017) (1.949,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 259 km² | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 2 de decembro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Ruler of Ajman (en) | Humaid bin Rashid Al Nuaimi (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AE-AJ | ||||
Páxina web | ajman.ae |
Situado na costa do Golfo Pérsico, Axman tamén controla dous pequenos enclaves continentais: Manama e Masfut, os cales son principalmente agrícolas. Aproximadamente o 95% da poboación do emirato reside na cidade de Axman, que forma parte da área metropolitana Dubai-Sharjah-Axman. En Axman rexe o Sheikh Humaid bin Rashid Al Nuaimi da tribo Al Nuaimi. O príncipe herdeiro do emirato é o Sheikh Ammar bin Humaid Al Nuaimi.