As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003 celebráronse o 16 de novembro de 2003, para elixir o sétimo Parlamento da comunidade autónoma de Cataluña. Nelas elixíonse os 135 asentos do Parlamento. Foron unhas eleccións importantes, que rexistraron unha participación superior ó 62 por cento, ó ser as primeiras eleccións catalás nas que non se presentaba Jordi Pujol como candidato á Presidencia da Generalitat de Cataluña. Malia que o seu sucesor en Convergència i Unió, Artur Mas, conseguiu o maior número de escanos, que non de votos, non obtivo a maioría precisa para formar goberno, e unha alianza entre o Partit dels Socialistes de Catalunya, Esquerra Republicana de Catalunya e Iniciativa per Catalunya Verds, que formaron o chamado "tripartito catalán", permitiu que Pasqual Maragall, o candidato do PSC, fose elixido Presidente da Generalitat de Cataluña, rematando con 23 anos de goberno de Convergència i Unió. Outro dos datos salientables destas eleccións foi o grande ascenso de Esquerra Republicana de Catalunya que, cun 16,5 por cento dos votos, obtivo 23 escanos e converteuse na terceira forza política do Parlamento.
Datos rápidos Data, Tipo ...
Pechar