Efecto triboeléctrico
é un tipo de electrificación causado polo contacto con outro material / From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto triboeléctrico é un tipo de electrificación causado polo contacto con outro material (por exemplo o frotamento directo). A polaridade e a forza das cargas producidas diferéncianse segundo os materiais, a aspereza superficial, a temperatura, a tensión, e outras características. Denomínase triboelectricidade (do grego τρίβειν tríbein, "frotar"[1]) ao fenómeno de electrificación por frotamento. A electrostática, pode producirse por frotamento ou por influencia.
O ámbar, por exemplo, pode adquirir unha carga eléctrica polo contacto e a separación (respectivamente atrito) cun material como a la. Esta característica, foi rexistrada primeiro por Tales de Mileto quen suxeriu a palabra "electricidade", da palabra grega (grego) para o ámbar "electrón".