Eduardo VI de Inglaterra
rei de Inglaterra e de Irlanda entre 1547 e1553 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo VI de Inglaterra (en inglés Edward VI of England) nado o 12 de outubro de 1537 en Hampton Court e finado o 6 de xullo de 1553 no palacio de Placentia (Greenwich) foi Rei de Inglaterra e de Irlanda desde o 28 de xaneiro de 1547 ata o día da súa morte. Eduardo foi coroado o 20 de febreiro de 1547 cando tan só tiña nove anos.[1]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (en) Edward VI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de outubro de 1537 Hampton Court |
Morte | 6 de xullo de 1553 (15 anos) Greenwich |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Monarca de Inglaterra | |
28 de xaneiro de 1547 – 6 de xullo de 1553 ← Henrique VIII de Inglaterra – Jane Grey → | |
Monarca de Irlanda | |
28 de xaneiro de 1547 (Gregoriano) – 6 de xullo de 1553 (Gregoriano) ← Henrique VIII de Inglaterra – Jane Grey → | |
Príncipe de Gales | |
1537 – 28 de xaneiro de 1547 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Protestantismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca , aristócrata , escritor |
Lingua | Lingua inglesa |
Outro | |
Título | Monarca de Inglaterra Monarca de Irlanda |
Familia | Casa de Tudor |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Henrique VIII de Inglaterra e Xoana Seymour |
Irmáns | María I de Inglaterra, Isabel I de Inglaterra, Henrique Fitzroy, Duque de Richmond e Somerset (pt) e Henrique, Duque da Cornualha (pt) |
Pechar
Eduardo, o terceiro monarca da dinastía Tudor, foi o primeiro gobernante inglés protestante, aínda que foi o seu pai Henrique VIII o que rompeu as relacións entre a Igrexa de Inglaterra e a Igrexa católica romana.
Foi durante o reinado de Eduardo cando a Igrexa de Inglaterra iniciou o seu proceso de transformación cara a unha forma moderada de protestantismo que se coñecería en diante como anglicanismo.