Edil curul
From Wikipedia, the free encyclopedia
O edil curul (en latín, aedilis) era unha maxistratura da antiga Roma.
Roma | |
---|---|
Monarquía | |
República | |
Imperio | |
Principado | Dominado |
Imperio de Occidente | Imperio de Oriente |
Maxistrados Ordinarios: | |
Maxistrados Extraordinarios: | |
|
|
Oficiais e Títulos: | |
| |
Institucións e normas: | |
|
|
Xurdiron durante a República romana, inicialmente para organizar algunhas celebracións. Foi un cargo ao que podían optar os patricios e os plebeos, nacido a imaxe dos edís plebeos, que foron anteriores, e que levan o adxectivo de curul pola cadeira de marfil na que tiñan dereito a se sentar para exerce-las súas funcións[1]. As súas competencias principais eran tres:
- Cura urbis. Labor de policía e de matemento da orde pública.
- Cura ludorum. Organización dos xogos e das festas públicas.
- Cura annonae. Controlar o abastecemento de cereais e os prezos, e dos pesos e medidas. Tamén inspeccionaban o mercado de escravos e gandos.
- Outras competencias: a imposición de multas en virtude da coercitio, pero estaban sometidos a la provocatio ad populum perante os comicios por tribos; tamén tiñan xurisdición civil e criminal e a capacidade de resolver os preitos menores relacionados co comercio, sobre todo dos contratos de compraventa de animais e escravos nos negocios das prazas dos mercados,[2] sempre baixo a supervisión do Pretor urbano; e levar a cabo unha regulación en materias de vicios ocultos.
Era un chanzo do cursus honorum ou carreira política, ocupando un lugar intermendio entre o pretor e o cuestor[3] e eran designados polos Comicios Tribunados. Plutarco explica a elección dos edís e sinala que os edís curules toman o seu nome da cadeira curul ou sella curulis:
Despois do Tribunado presentouse a pedir a Edilidade maior, porque hai dúas ordes de edís: unha, que toma o nome das cadeiras con pés curvos en que estes maxistrados sentan para despachar, e a outra, inferior, que se chama plebeo. Noméanse primeiro os de maior dignidade, e despois pásase a votar os outros.
Entre as diferentes características e beneficios outorgados aos edís atópanse numerosos poderes e atribucións. Os edís curules tiñan distintos privilexios como o de poder sentar na sella curulis, ou vestir a toga praetexta. Posuían, ademais, o Ius Imaginum ou dereito de gardar en casa as estatuas dos antepasados ilustres. Tiñan en exclusiva o Ius Edicendi, é dicir, o dereito a promulgar edictos -edicta-.
No entanto, as diferenzas entre Curules e non Curules fóronse acurtando e, si xa de por si é difícil distinguir entre as funcións dos edís das doutros maxistrados, aínda máis complicado é distinguir entre as función ou tarefas dos edís plebeos e dos curules. De tódolos xeitos, hai constancia de que había xogos e festividades asociadas especificamente a un tipo de edil. Por exemplo os Xogos Plebeos -Ludi Plebeii- eran administrados exclusivamente polos edís plebeos mentres que os Ludi Magni, Ludi Scenici e os Ludi Megalenses polos curules.[4]