Ebolavirus
xénero de virus / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ebolavirus é un xénero de virus que o Comité Internacional de Taxonomía de Virus (ICTV polas súas siglas en inglés) inclúe na familia Filoviridae.[1] As especies deste xénero denomínanse ebolavirus,[1] e coñécense cinco. Catro destas especies poden causar a enfermidade do virus Ebola en humanos, que é un tipo de febre hemorráxica. As cinco especies recoñecidas polo ICTV son: Ebolavirus Bundibugyo, Ebolavirus Reston, Ebolavirus Sudán, Ebolavirus Bosque Taï (inicialmente chamado Ebolavirus Côte d'Ivoire e tamén Ebolavirus Taï Forest) e Ebolavirus Zaire.
- Este artigo trata sobre o xénero vírico. Para a especie causante da epidemia de 2014 ver virus Ebola. Para a enfermidade ver febre hemorráxica do Ebola.
Genus Ebolavirus | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía electrónica coloreada do virus Ebola. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Especie tipo | |||||||||
'Ebolavirus Zaire' | |||||||||
Especies | |||||||||
Ebolavirus Bundibugyo |
O nome Ebolavirus deriva do río Ebola (ás veces ortografado Ébola) da República Democrática do Congo (antes Zaire), onde foi descuberto, e o sufixo taxonómico de xénero -virus.[1] O xénero foi introducido en 1998 coa denominación "virus de tipo Ébola" ("Ebola-like viruses"). [2] En 2002 o nome cambiouse a Ebolavirus[3] e en 2010, o xénero foi emendado.[1]