Ducado de Naxos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ducado de Naxos (italiano: Ducato di Nasso, grego: Δουκάτον Νάξου Dukáton Náksu ) ou tamén ducado do Arquipélago (en italiano: Ducato dell'arcipelago, grego: Δουκάτον Αρχιπελάγους Dukáton Arkhipelágus) ou ducado do Exeo (en italiano: Ducato dell’ Egeopelagi, en grego: Δουκάτον Αιγαίου Dukáton Egeu) foi un estado cruzado fundado despois da Cuarta Cruzada nos territorios bizantinos. Estableceuse en varias das illas Cícladas do mar Exeo en Grecia. A súa capital foi Naxos, conquistada por Marco Sanudo. O ducado, fundado polos venecianos mantívose firme baixo a soberanía do emperador latino de Constantinopla. O sistema feudal occidental superpúxose sobre o sistema bizantino. Tanto o cristianismo católico como o ortodoxo convivían xuntos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Naxos (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua véneta lingua grega | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1207 | ||||
Disolución | 1579 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | principado | ||||
O ducado foi gobernado primeiro pola dinastía dos Sanudo (séculos XIII e XIV), e logo pola dos Crispo (séculos XV e XVI). En 1537, o ataque de Hayr al-Din Barbarroxa someteu ao ducado á soberanía otomá co duque sendo un tributario do sultán. En 1566, o último duque italiano, foi oficialmente substituído por Selim II que nomeou a Xosé Nasi. Xosé Nasi gobernou o ducado até 1579. Despois dun período transitorio no que se asignou o título a varios personaxes, o ducado disolveuse cara a 1617.