Naxos
illa grega do mar Exeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 429 km² e 19.000 habitantes, o que a fai a máis grande das illas das Cícladas no mar Exeo. Foi o centro da arcaica cultura das Cícladas. A illa é famosa por ser unha fonte de esmeril, unha rocha rica en corindón, que ata a época moderna foi un dos mellores abrasivos dispoñibles.
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of the Aegean (en) | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Unidades periféricas | Naxos (pt) | ||||
Concello | Naxos and Lesser Cyclades Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.930 (2011) (41,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 428 km² | ||||
Medición | 21,7 () × 32,5 () km | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 1.003 m | ||||
Punto máis alto | Zas mountain (en) (1.001 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | naxos.gr |
Pechar
A cidade máis grande e capital da illa é Chora ou Naxos, con 6.533 habitantes (censo 2001). Os principais pobos son Filoti, Apiranthos, Vivlos, Agios Arsenios, Koronos e Glinado.