Divulgador científico
persoa que explica a ciencia ao público xeral / From Wikipedia, the free encyclopedia
A divulgación científica é o conxunto de actividades que interpretan e fan accesible o coñecemento científico á sociedade, é dicir, todos aqueles labores que levan o coñecemento científico ás persoas interesadas en entender ou informarse sobre ese tipo de coñecemento. A divulgación pon o seu interese non só nos descubrimentos científicos do momento (por exemplo, a determinación da masa do neutrino), senón tamén en teorías máis ou menos ben establecidas ou aceptadas socialmente (por exemplo, a teoría da evolución) ou mesmo en campos enteiros do coñecemento científico (por exemplo, a historia da astronomía).
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Divulgación científica" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2015) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
É importante a divulgación científica que aparece reflectida historicamente en multitude de obras de diferentes autores. Entre as primeiras obras evocadoras da divulgación científica no pasado remoto poden citarse os Diálogos sobre os dous máximos sistemas do mundo (1632), do astrónomo italiano Galileo Galilei, na que tres personaxes dialogan durante catro días sobre as visións aristotélica–ptolomeica e copernicana do Universo.[1] A revista norteamericana Popular Science (fundada en 1872) é probablemente a primeira publicación xeral que apareceu cun carácter divulgativo.
Na actualidade, a divulgación científica realízase en practicamente calquera dos formatos que existen nos diferentes medios de comunicación: documentais de televisión, revistas de divulgación científica, artigos en xornais xerais ou páxinas de Internet dedicadas a este labor. Existen mesmo canles de televisión dedicados exclusivamente á divulgación científica ou nos que esta nova disciplina forma unha parte destacada da programación, tales como Discovery Channel ou National Geographic Channel. Debido ao grande interese que xurdiu en moitos dos medios de comunicación por facer da ciencia uno dos temas centrais, a divulgación científica tamén recibe o nome de xornalismo científico.
A divulgación científica exprésase de maneira máis precisa en libros específicos sobre un tema. Algunhas obras divulgativas han chegado a converterse en auténticos best-séllers, como Historia do tempo, de Stephen Hawking, ou Os dragones do Edén, de Carl Sagan. Este último recibiu o Premio Pulitzer en 1978. Desde o punto de vista da literatura, a divulgación científica constitúe un subgénero do ensaio.
O xornalista que se dedica á divulgación da ciencia é tan importante como o científico que xera preguntas e descubrimentos, xa que os novos coñecementos necesitan un axente difusor que poida facelos chegar ao público. A divulgación científica ten como finalidade que o receptor se asegure do sucedido ou simplemente decátese do pasado.