Deseño interior
From Wikipedia, the free encyclopedia
O deseño interior, deseño de interiores ou interiorismo é a disciplina proxectual involucrada no proceso de conformar a experiencia do espazo interior, coa transformación do volume espacial e o tratamento das superficies.
Non debe ser confundido coa decoración interior, o deseño interior indaga en aspectos da psicoloxía ambiental, a arquitectura, e do deseño de produto, alén da decoración tradicional.[1] Un deseñador interior ou de interiores, é un profesional cualificado dentro deste campo, que deseña interiores como oficio.
O deseño interior é unha práctica creativa que analiza a información programática do espazo, establece unha dirección integral do concepto e elabora documentos gráficos de comunicación e de construción.