Dendroctonus ponderosae
especie de insecto / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dendroctonus ponderosae é unha especie de escaravello curculiónido nativo dos bosques de América do Norte desde México á parte central da Columbia Británica no Canadá. Pode converterse nunha praga para algúns bosques de piñeiros. Ten un exoesqueleto negro e mide uns 5 mm, aproximadamente como un gran de arroz.
Dendroctonus ponderosae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
No oeste de América do Norte un gromo recente desta praga creada polo escaravello e os microbios asociados a el afectou amplas áreas de bosques de piñeiros da especie Pinus contorta, abranguendo máis de 160000 km2 de bosques na Columbia Británica.[1] O gromo no Parque Nacional das Montañas Rochosas de Colorado empezou en 1996 e causou a destrución de millóns de hectáreas de piñeiros das especies Pinus ponderosa e P. contorta. No pico do gromo en 2009, foron afectados uns 16000 km2.[2] O gromo despois declinou debido ás mellores condicións ambientais e porque moitas árbores vulnerables foran xa destruídas.[2][3]
Este escaravello pode vivir nas seguintes especies de piñeiros: Pinus ponderosa, Pinus albicaulis, Pinus contorta, Pinus sylvestris, Pinus banksiana,[4] Pinus flexilis, Pinus aristata,[5] e Pinus longaeva.[6] Normalmente estes insectos exercen un importante papel na vida dos bosques, atacando as árbores vellas ou debilitadas e acelerando o desenvolvemento de bosques máis novos. Porén, nos raros casos en que hai veráns moi cálidos e secos e invernos suaves, como ocorreu en 2004–2007 nos Estados Unidos e o Canadá, xunto con bosques cheos de piñeiros contorta maduros, poden orixinarse grandes epidemias sen precedentes.[7]
O gromo recente pode que fose a praga de insectos forestais máis grande vista en América do Norte desde a colonización europea.[8] A plantación de monocultivos forestais e un século de supresión de incendios forestais contribuíu ao tamaño e gravidade do gromo e pode ter un efecto significativo sobre a capacidade dos bosques de retirar da atmosfera gases de efecto invernadoiro como o CO2.[9]
Debido ao seu impacto forestal, secuenciouse o transcriptoma[10] e o xenoma[11] deste escaravello. Foi o segundo xenoma dun escaravello en ser secuenciado.